¿non o oes ti, amor?,
unha máquina ruidosa, vella,
un chocar co aire, atravesar o vento,
os raios de luz que se vislumbran entre as nubes.
Un ruido metálico soa,
os paxaros cantan nalgún curruncho aquí,
séguenme a chorar os ollos.
Logo virá a auga e pensarei en ti,
entregareiche o meu corpo,
amor deste instante,
amor de hai anos, de sempre.
Non quererás sabelo, mantés a maxia de adiviñalo,
pero quero que sepas que é isto para min:
o teu corpo nu,
o teu riso;
síntote en min,
tócote e es perfecto.
Así te quero recordar:
ti e eu, un,
eu, e ti no pensamento sempre.
É MELLOR NON ABRIR OS OLLOS
Imaxínate:
Ves persoas...
velas nun mundo de lei inhumana,
donde sofren e aguantan
toda a merda* que eles lle mandan,
e ti mirar non quixeras,
pero falo e atopas a súa mirada...
Roga:
Que eses ollos non che falen,
que non che transmitan a súa dor,
porque entón estarás morto,
coma a súa esperanza, a súa ilusión.
|
|
Sentirás:
Puñais afiados con tino a cravárseche,
miradas doentes que queren que cales,
sabor nos beizos de sangue,
mans atadas con fíos de arame.
Farás:
Gustaríame decir que loitarías por eles,
non te enganes, non farás nada,
morreeán alí,
alguén ten que pagar os teus excesos,
o que fan no teu desenvolvido mundo.
NON SIGNIFICANTE
Máxima expresión: descoidada,
logo do amor estaba ela,
soa,
non tiñas ese don que ti tes,
que nós temos.
Logo do amor estaba ela, inexplicable,
coido que o ceo estáa ollando agora,
doces formas, aromas, envólvente, escóllente,
foise el para que ti tamén te foras.
Logo do amor, logo del logo,
logo só ela,
logrando lanzarnos lonxe,
aloumiñando os nosos soños,
lambendo a lama dos pes da loita.
Confesamos:
Botando sorrisos silandeiros,
outros collerrán o que ti sementas;
rogamos por ti incansablemente,
xaora sabemos que o amor te levou,
amor que tamén se agocha nestas palabras.
Logo do amor seguía estando ela;(ti). |