UN CANTO DE MUÑEIRA
Quero cantarlle a Galicia
Coa música dunha muñeira,
quero que o meu pobo sinta
a morriña dunha Galega.
Cantarlle a Galicia
e o mellor que eu sei facer;
pois o estar tan lonxe de-la,
cántolle con máis pracer.
A miña Galicia e fermosa.
O mar danos bon marisco
e as leiras semeadas,
dannos patacas e millo.
Tamen das nosas silveiras
collemos moi frescas moras,
e dos invernadeiros
pementos, allos e cebolas.
Daqueles viñedos frondosos
recollemos un bon viño,
pra acompañar coas sardiñas
e tamén co pan de millo.
Quero cantarlle a Galicia
e non pararei de facelo,
aínda que no extranxeiro,
ninguén queira cantar galego... |
|
AVE PEREGRINA
Eu son cual ave errante,
que buscando vai o seu niño
e sempre o máis importante
quédame no camino.
Volvo coa primavera,
veño chea de alegría.
Gústame a paz da miña terra,
son unha ave peregrina.
Ando buscando o teu leito,
para facer nel o meu niño,
busco o calor dos teus brazos
teño o corazón ferido.
Son como a andoriña,
que vai veloz e fatigada;
non quero extraviarme no vento
quero encontrar a miña morada.
Deixei atrás a patria idolatrada,
e non poderei a ela volver.
O tempo envelleceu as miñas ás,
xa non podo o meu voo emprender.
Escoiten ben o meu canto,
apenas o seu trilo poderán oír.
Recordarei a miña terra amada
e chorarei por ela antes de morrer… |