anterior
siguiente
Artesanía
por ZeltiaG
Bulideira, traxes con tradición e identidade
 
 

Por suposto non falta a xoiería tradicional como sapos, aderezos e pendentes, instrumentos de percusión, como pandeiretas, tambores, tarrañolas, castañolas, etc. Tamén variedade en suvenires típicos, adornos de cerámica galega  como a sinatura de Sargadelos e en barro cocido, pezas típicas do oleiro mestre.

En Bulideira comprobamos como se traballa en torno a tradición e do bo rendemento forma parte da vida do artesán galego.
 
Montse e os seus axudantes  ensináronnos e explicáronnos o que significa levar un traxe típico e como traballan elas. Primeiro tiveron que facer algúns estudos etnográficos, atopar pezas orixinais que aínda mantiñan algunhas familias dos seus antepasados ou en museos, tales como O Pobo Galego (O pobo de Galicia), que ten unha extensa colección de accesorios e traxes de época.

Reproducir ao detalle unha peza orixinal de cen ou douscentos anos, conleva un traballo árduo. Estudar a orixe e os accesorios  que nese lugar e tempo, complementaban estes traxes e, a continuación, buscar os tecidos e materiais que máis se axusten a hora da súa confección. A continuación, redeseñar as partes que faltan e comezar a tarefa de reprodución. O resultado final é marabilloso.

*Aquí nos mostra Montse un exemplo de traxe infantil con 150 anos de historia que deberá reproducir. Sácase o patrón do modelo e, a continuación, comeza a busca por materiais que deben ser exactos ao orixinal.

Ttamén se encargan de deseñar todo, coidando o detalle para conseguir o traxe axeitado conforme a ocasión: as danzas de cada rexión, de gala ou de "cotío", é dicir de diario.

Ademáis os diferentes traxes para eventos como vodas tradicionais, onde estes artesáns lograron dar vida ao atuendo de antano, así como os levaron as nosas avoas, coas mellores galas e os homes coas súas túnicas, monteiro e polainas.

 
  menu 92