anterior
siguiente
Gastronomía
por Eloy Fariña Táboas
Gastronomía galega... manxar dos Reis
 
 

A cociña tradicional de Galicia é unha cociña  baseada na elaboración (o máis sinxelo posible) da espléndida materia prima que posuímos, sen disfrazar nin alterar o sabor e o aspecto dos ingredientes que utilicemos, veñan do campo, do mar ou da facenda. Hai moitos pratos que se recoñecen como o máis granado da nosa gastronomía, pero hai uns cantos que casi son un símbolo da nosa comunidade e estes son os que vos imos  ofrecer neste número. Un prato internacionalmente coñecido e do que hai testemuña do seu consumo, ao menos dende o século XII, é a empanada e entre elas a máis famosa: a de bacallao con pasas. Un prato de carne: o jarrete o morcillo de ternera guisado, que onde mellor se prepara e come é en Santiago de Compostela e por último ofrecémoslles dúas sobremesas.

O primeiro deles común a toda a nosa terra son as filloas, unha variación á antiga receita dos crepes, traída polos franceses nos días das invasións napoleónicas e que os nosos ancestros fixeron súa e convertiron en sinal de identidade culinaria diferente ao resto de España. Por último, a tarta de Santiago, elaborada con almendra moída e que é a sobremesa típica e propia da nosa cidade. Son catro receitas sinxelas, fáciles de elaborar e que vos farán desexar vir pronto a coñecernos os que nunca tiñades viaxado a nosa terra, e volver pronto os que xa teñades estado algunha vez entre nós. Que vos aproveite.

EMPANADA DE BACALAO CON PASAS

INGREDIENTES

400 g de cebola
100 g de pemento vermello
2 dentes de allo
100 g de pasas
600 g de bacallao desalado y desmigado
Media cucharada de café de pimentón doce.

 

PARA LA MASA

1 kg de fariña de trigo
175 g de manteiga
3 ovos
4 decilitros de auga templada
Sal ao gusto
15 g de levadura

 
  menu 124