anterior
siguiente
Artesanía
por ZeltiaG
Ourivería... Tradición e arte en xoias
 
 

Damos un paseo pola rúas estreitas e sen fin de Santiago ... Unha cousa que chama a atención: as xoierías. A Praza das Praterías é un exemplo da importancia da xoia en Galicia.

Anteriormente, alí apostaban artesáns, ourives, xoieiros e azabacheros para expoñer os seus traballos a venda. Aínda hoxe, podes atopar praterías e xoierías moi tradicionales. A arte da ourivería e da azabachería galegas pertence a unha xeración de tantos grandes artesáns que manteñen vivo o traballo e seguir rescatando as marabillosas pezas de xoias antigas. Isto probablemente ten a súa orixe no legado dos antigos pobos celtas.

Persoas que deixaron nos galegos arte, tradición e identidade. Os celtas tiveron unha gran mestría de traballar con metais preciosos, legando unha enorme variedade de deseños de excelente riqueza artística  que continúa vivo na ourivería actual. Sen embargo, a variedade é tan grande que hai espazo para todo... para as pezas de antano e, ao mesmo tempo, o deseño moderno e innovador de xoias de vangarda.

Na nosa viaxe a través das arcaicas rúas de pedra, pasamos por moitos lugares,  praterías con todo tipo de accesorios... dende xoias ata presentes como botafumeiros, hórreos, candelabros, bandexas de prata de excelente calidade cuns motivos tan detallistas que son un deleite. Continuamos coa nosa viaxe ata ver un local pequeno ... Pero que contén  historia, arte e tradición de xeracións. Unha reloxería e xoiería que abriu as súas portas da man da familia Mayer en 1837.

 
  menu 98