
A arte de rescatar do esquecemento e do tempo e das tradicións ancestrais con relación ao tradicional vestido, vai da man por Montse Linares e Manolo Miramontes, os propietarios de Bulideira que levan adiante este negocio de familia abocados á confección do atuendo típico galego . Ao longo dos anos que levan facendo oficio, gañaron o recoñecemento da excelencia e calidade, tanto en Galicia coma no estranxeiro. Atopalos non é difícil. Quen vai a Santiago de Compostela polo camiño francés, pasará diante da súa tenda, situada no arrabalde de San Lázaro. Na exposición, sempre hai unha gran variedade de traxes, complementos e accesorios en xeral, como cofias, panos da cabeza, mantóns de Manila, encaixes e puntillas de Camariñas, etc



*Camisas de encaixes e puntillas. Cofias, panos e chales.