anterior
siguiente
Escritores colaboradores
por Manuela Vázquez López
Marín, un paraíso bendecido por deus
 
 

Na marxen esquerda da ría de Pontevedra nun enclave privilexiado bicando o mar azul atópase o pobo de Marín, coroado polos montes de Penizas, Pedroso, e Pituco estende o seu manto cara as fermosas praias e o seu importante peirao, tanto pesqueiro coma comercial.

Marín medrou moito nestes últimos dez anos,  o que era unha vella avenida principal na mesma entrada do pobo,  e agora unha das máis modernas onde fican infinidade de novas construcións que dan a benvida a todo aquel  que guste do pracer de facernos unha visita, na marxe dereita de devandita avenida  atópase un paseo marítimo, chamado popularmente polas xentes do lugar o paseo do colesterol onde bancos,  e aparellos ximnásticos fan as ledicias de todo aquel que pasea o carón dos dous peiraos.


Porto pesqueiro, o fondo diante peirao de reparacións

No concello de Marín hai varias confesións relixiosas   que, aínda que a Católica é a máis numerosa,  a comunidade Evanxélica tamén é recoñecida como unha parte importante da vila, temos  ademais dúas confesións evanxelistas mais os Pentecostales e a Igrexa filadelfia, agás de un grande comunidade de Testigos de Xehová.

O goberno local e socialista, gobernando en comandita co BNG.

As nosas praias son coñecidas polas súas finas  areas, e as augas limpas, contando todas coa bandeira azul otorgada pola  comunidade Europea  en premio a súa calidade. Comenzamos o percorrido pola máis pequena coñecida popularmente como “a máis Xeitosiña”,  que dista uns 2 km do centro do pobo PORTOCELO, remanso de paz, que conta cun paseo que a conecta coa seguinte praia que non é outra ca de MOGOR, preto deste areal atópasen os Petrogriflos, que son unha reseña do arte rupreste no  paleolítico en Galicia.

.

 
  menu 154