O MISTERIO DA ANTIMATERIA,
FÍSICOS GALEGOS NA PROCURA DA RESPOSTA
Por Ramón Cid Manzano
Depto Física e Química. Instituto de Ensino Secundario de SAR – Santiago de Compostela
Depto Didáctica das Ciencias Experimentais. Universidade de Santiago de Compostela
RESUMO
Uns dos principais problemas que afronta actualmente a Física é a explicación de por que o noso universo está composto basicamente por materia, apareciendo a antimateria de forma extraordinaria rara e vinculada a sucesos moi específicos.
O problema radica en que, segundo a física, inmediatamente despois do Big Bang tivo que haber a mesma cantidade dos dous tipos de substancia (materia e antimateria), obligándonos por tanto a explicar por que agora hai esta manifesta asimetría.
O acelerador LHC, instalado no CERN (Xinebra), é o experimento grande da historia, e ten dedicado un detector (LHCb) especialmente á busca das respostas a esta cuestión. O Grupo de Altas Enerxías de Santiago (GAES), na Facultad de Física da USC, está presente neste detector, tanto na parte instrumental como na análise dos datos que se producen nese detector.
O propósito desde artigo é introducir brevemente este experimento, destacando a contribución que dende Galicia se está a facer ao mesmo.
INTRODUCCIÓN
O 19 Marzo de 2010, un pouco despois das 5:20 da mañá, sendos haces de protones a 3.5 TeV circularon perfectamente no Large Hadron Collider –instalado no CERN– por primeira vez. Esta é a máis alta enerxía alcanzada nun acelerador de partículas, e constitúe un importante paso para o comezo do programa de investigación do LHC. P día 30 de marzo, haces a 3,5 TeV colisionaron para unha enerxía total de 7 TeV, marcando o inicio do programa de investigación do LHC. Físicos de Partículas de todo o mundo están ansiosos pola nova Física que ha comezado cunha enerxía tres veces e media maior que a anteriormente alcanzada nun acelerador de partículas. Nun dos catro grandes detectores desta xigantesca máquina, chamado detector LHCb, as colisiones son estudiadas cun especial obxectivo: entender por que a metade do que foi creado inmediatamente despois do Big Bang –a antimateria– desapareceu.