anterior
siguiente
Escritores colaboradores
Pily Parada
 
 

Pilar Parada, unha “galeguiña” que Ribeira (A Coruña) veu nacer, medrar e realizar a súa familia... e tamén presenciou triste a súa partida ás Américas.  Nestas terras formouse, co amor as súas raíces, como tantos galegos e que por motivos laborais  partiu co seu home e os seus fillos pequenos. Deixando a súa casa, familia e todos os seus afectos. Emigraron  a Estados Unidos, ese foi o comezo da súa larga morriña. Ser estranxeiro, conleva unha serie de renuncias e dor. Adaptarse e aceptar as novas regras de xogo. Esquecemento e afastamento.

A nostalxia por esa Galicia lonxana é precisamente a que lle inspira a escribir relatos, poemas, canciones.  Pero serán os sucesos do 11 de setembro, os que marcarán unha necesidade imperiosa de plasmar todo o seu pesar polas terribles imaxes e as vivencias conmovedoras que lles afectou tan preto.  Como unha oración, día a día, a nosa querida ribeirense, debe expresar os seus desexos de retornar a terra nai. Necesita volver a perderse nesa paisaxe familiar de montes e mar, namorarse baixo ese máxico orvallo... que será a cura da súa tristeza, a alegría da súa alma, a paz do seu espírito.  Non falemos máis, agora deixámosvos con ela, coa nosa amiga Pily a través da súa poesía.

http://poetizame.ning.com/profile/GALIAMOR?xg_source=profiles_memberListhttp://escribeya.com/GOLONDRINA


A MIÑA GALICIA
Unha fonte, un muíño
e un arado de pau;
unha chuiva feiticeira
e ás vaquiñas a pastar.

Un carro e un hórreo;
as galiñas e os cans,
e unha velliña na horta,
debullando o millo
pro pan.
  Un forniño de pedra quente,
espera pra cociñar.
A masa de esa broa
que estuvo a lebodar.

Unha lareira, un pote...
os roxóns a cociñar
e alguén alí mexendos
non váianse a queimar.
 
  menu 162