anterior
siguiente
Galicia e o camiño
por ZeltiaG
O mellor de Galicia
 
 


Nun lugar onde modernidade e o medieval se mesturan. Un sitio no que o campo coexiste coa cidade e as costas bican os frondosos bosques... é a cousa máis próxima ao paraíso. Disfrutade Galicia ! Suxerencias para coñecer nas catro provincias galegas. Empezamos por:

 

Provincia de A Coruña

Como toda cidade cunha longa historia da que aínda quedan moitos vestixios mesturados co moderno, debería deixarse levar por ela, recorrela e rescatar eses tesouros en fotos,  que será o mudo recordatorio da nosa viaxe ao pasado.

Alí é cando antes de aventurarnos por montes e costa, non deixar de pasar pola Cidade Vella de A Coruña, polo Paseo Marítimo, a Praza María Pita, e a famosa Torre de Hércules, o máis impresionante Faro de 2000 anos, de forma cuadrangular que queda en pé e en perfectas condicións. Pegada indiscutible do paso dos romanos, cuxa riqueza arquitectónica pola península. As Fragas do río Eume, o complexo dunar de Corrubedo, Rías Baixas, Costa da Morte, Finisterrae, Ribeira indo ao sur. Cara o norte tocando o comezo do Cantábrico, Cabo Ortegal  e Cabo Estacas de Bares, a partir deste punto é a provincia de Lugo.

 
  menu 74