anterior
siguiente
Artesanía
por ZeltiaG
Ourivería... Tradición e arte en xoias
 
 

Aínda está a ser tratado por un dos varios Mayer que forman parte dunha raza de reloxeiros, ourives e xoieiros de Compostela, Don José Mayer, reloxeiro restaurador. Oficio que vén da súa familia e aprendeu do seu pai con so 14 anos. Unha vida dedicada ao mantemento "desas máquinas do tempo marabillosas no seu instante". Hai máis familia, outro Mayer que ostenta tradición e calidade en Santiago, foi o encargado de facer en prata maciza o martelo co que se abre a Porta Santa, acto co que comeza o Ano xúbilo. Tamén tivo a tarefa de "vestir" coa prata e pedrería ao santo patrón de Compostela. Capa de miles de peregrinos e outras figuras eclesiásticas como dita o costume relixioso, realizarán longas filas para tocar e bicar. Pero seguimos na busca ... Os nosos pasos leváronnos un pouco máis alá. A Antonio Mayer, "Tonio", onde ten o seu taller no concello de Teo, a poucos minutos do centro de Santiago, en medio dun ambiente de montañas e aldeas, un encanto para os sentidos do artista. Alí atopamos o home que non só mantén viva a tradición da familia ... senón que rescata e revive a tradición do accesorio do traxe típico galego.


*Colares de contas de coral e prata. Pregadeiras para  capas e dengue.

 
  menu 99