Foi bo mentres durou, pero toca a seguinte sala, onde vemos unha proxección dun mapa virtual. Este é un programa que nos mostrará paso a paso as imaxes topográficas en tempo real o camiño de Santiago, neste caso, o francés. Chama a atención unha grande esfera diante da pantalla de proxección, co cal podes percorrer o mapa táctil cos movementos.Nós pasaremos por diversas cidades e albergues, con panorámicas de 360 º e continuaremos ata chegar a Santiago de Compostela.
E se pasamos á seguinte proxección?
Tamén é en 3D, e podemos ver os lugares e edificios que rodean a catedral, todo fielmente simulado dun xeito tan impresionante como nas exposicións anteriores, tamén obtemos información interesante sobre o tema.
As veces, chove, e vemos tronos e lóstregos , a continuación, sae o sol e escoitamos o canto dos paxaros ... a música é suxestiva e, as veces non parece encadrar moito co que vemos, pero non importa, a experiencia xeral é moi boa e paga a pena.
Sigamos. Entramos na sala da meta do camiño onde fan falta de novo os lentes 3D. Aquí preséntannos ao noso amigo o peregrino, que nos guía a través da catedral e edificios e espazos próximos.