Chovía, si, pero baixo os soportais da vella cidade onde miles de pasos apresuraban a tarde xa no seu crepúsculo, camiñaban dúas almas errantes en busca de refuxio para as súas penas de amor.
Compostela abríalles as portas das súas entrañas, nas empedradas rúas milenarias os bastóns e as conchas de peregrino dirixíanse cara o mundo dos soños despois dun axitado día. Ao lonxe os sons da Berenguela marcaban as lentas horas que deixaban paso a fría noite galega, que as orillas dun Sar silencioso, deixaban os destellos dunha lúa plateada que envolvía as prazas máis emblemáticas de Santiago.
Como se dun feitizo se tratara, os nosos protagonistas apuraban os seus andares, fuxindo dunha tímida choiva que se asomaba polos cercanos horizontes, coloquialmente chamada “orvallo” na lingua melodiosa do rey Breogán, fundador de Galicia.
Cumpliran a súa misión, eran xa Peregrinos coa Compostelana selada e firmada polos moitos albergues que tiveran a bondade de acollelos nas noites austeras do seu longo recorrido polo Camino Francés que os levou a postrarse de xeonllos ante o Santo Adalid Apóstol patrón das Españas, cual rezaba a canción-himno que entonaran ao son dunhas gaitas que lles fixeron chorar.
E alí, ante o altar maior da catedral, xuráronse amor eterno tocados pola vaíña máxica das meigas que tan sabiamente lles guiaran a través de montes e valles para tal menester.
Nunca digas que es o máis feliz dos mortales se aínda no cruzaches o Pórtico Da Gloria ou contemplaches a fachada que hábilmente diseñou o Mestre Mateo, ou besaches ao amor dos teus soños baixo un fino orvallo nunha noite chea de estrelas baixo o ceo Compostelano ao arrullo dunha melodiosa gaita que deixa perder as súas notas no máxico ocaso galego.
Desde este verde rincón do mundo chamado Galicia, para todos os que tedes o soño de viaxar facendo o camiño de Santiago e aínda non o puidéchedes facer.
Agora deixovos un poema que os rapaces da nosa parroquia Santa Mª do Porto levaron como insignia na súa peregrinación: