anterior
siguiente
Escritores colaboradores
Pily Parada
 
 

Unha praia, unha dorna
e unha gaivota no mar.
Un mariñeiro pescando
os peixiños pro xantar.

Unha festa na estrada
e unha gaitiña a tocar.
Unhas sardiñas asadas,
as delicias do noso mar.

Un moziño e unha moza
camiñando a praia van.
Pois o ceo coas estrelas,
convídanche a namorar.

Unha casa, unha horta
e unha velliña a chorar,
lembrándose dunha filla
que está lonxe do fogar.

Galicia e tan fermosa,
é azul por que ten mar.
Pero tamén é verde,
polo frondoso carballal.

É tan fermosa Galicia,
que aquel que a Galicia vai,
nunca máis dela quere marchar...

LONXE DE GALICIA EN VIDA MORRÍN
Teño tanta tristura na alma
que non deixo de pensar en ti.
Galicia terra querida,
o berce onde nacín.

Estou lonxe da terriña
e non poidome esquecer,
da casa da miña nai,
do pobo que me veu crecer.

 

Galicia teño saudade,
de todo que en ti hai.
Da nosa fermosa xente,
da familia e do meu pai

Son Galega con morriña
Choro moito dende o outro lado do mar
Soño ver xa ese día
que poida a terra regresar.

Estou cheia de tristura
Nesa Galicia nacín
E dende que estou tan lonxe da miña Galicia
En vida morrín…

ADICTA DÁ SAUDADE
Eu nunca xamais pensei,
que adicta pudera ser
comezei a ser adicta
cando moi lonxe emigrei.
Son adicta deses ríos,
dás fontes e dás silveiras.
Son adicta deses montes
e dás frondosas carballeiras.

Son adicta dás praias,
e dás dornas que están nelas.
Son adicta do mar azul
e tamen dá branca area.
Son adicta dá familia
que á moi lonxe deixei.
Adicta desa belliña que
xa nunca mais biquei.

Si son adicta ¿É qué?
Son adicta dá saudade de Galicia,
a Terra que me veu nacer.

 
  menu 163