Hai un Santiago vivo, exultante, moderno, novo e nocturno. Moitos son os camiños que levan a el, moitas as razóns. Pero o resultado final é unánime: desexos de regresar.
O mes de xullo de 2010, Revista ZK 2.0, tráevos esa Galicia especial, que para moitos súmase que é ano Xacobeo, para os fieles... o último da década. Once anos pasarán ata que volva a abrirse a porta en Ano Santo. Pero Galicia seguirá facendo o que dende hai séculos: recibindo ao peregrino e canto visitante se achegue a estas marabillosas terras.
A continuación mostrarémoslles algo de todo ese grande engrenaxe que se move en torno ao Camiño. Cultura, paixón, tradicións, natureza, música, historias e lendas. Un lugar onde o novo e o antigo se funden dándolle a Galicia ese toque de excelencia que a fai magnífica
.

Mapa cos diferentes Camiños a Santiago de Compostela
No noso recorrido da edición especial O Camiño a Santiago, será un pequeno homenaxe a todos os galegos que están, aos que hai moito tiveron que partir, aos que retornaron e por suposto aos que coa dor do seu desterro, xamáis puideron regresar.
ZK 2.0, fixo un esforzo extra para recompilar información, historias, imaxes actuais para que todos os que non coñecen Galicia, se animen a coñecela e para todos aqueles que a levan nos seus corazóns e no recordo... non o dubidedes e vide a “respirala e sentila en persoa”.