anterior
siguiente
Galicia e o camiño
por ZeltiaG
Compostela tras a muralla perdida...
 
 

Ppresentamos: a Casa da Muralla

Santiago é máxico, e como por maxia foi que soupemos da existencia da Casa da Muralla. Foi un grande pracer ter o privilexio de ter tocado e pisado as pedras marabillosas que definitivamente nos deixaron perplexos.

Grazas á cordialidade de Consuelo e  Josefina Rosende (FIFA), fillas de Concepción, dona da casa onde viviron toda a súa vida e que ven como unha herdanza de familia, o que nos permitiu ver, tocar e sentir a historia incorporada nestas pedras. Foi realmente unha experiencia incrible. Paso a contarvos un pouco polos avatares por que pasaron as nosas protagonistas.

Como contei anterioriormente, Consuelo seguindo as orientacións do Consello da Cidade en 2004, solicitou a restauración da casa, que tiña moitos anos sen restauración e melloras necesarias para que a súa nai estivera nun ambiente cómodo e confortable.

Cando o equipo de especialistas, incluíndo arqueólogos e topógrafos montaron na fachada que da cara a rúa Entremuros andamios para acceder a todo o alto e ancho, para traballar sen causar danos. Eles comezaron a recoller mostras de pedras e morteiro que os une.

Enviáronas para análise e para a sorpresa da familia e do arqueólogo responsable do proxecto, o resultado é positivo. Eles estaban ante un anaco da parede orixinal vivo e coleando.

Entón foron a por máis. Ao entrar na casa, no primeiro andar  atoparon con que a medianeira do salón de 10 m de lonxitude era a mesma muralla en perfectas condicións. Esta vez  non quixeron aventurar ningunha teoría, nin asegurar datas.

Recolleron mostras, pois estaban na dúbida de que en realidade fora una das tantas  reparacións  que foron facendo en séculos posteriores. Pero a verdade é que a familia mentres se facían a rehabilitación e os estudos tiveron que saír de casa durante dous anos, era imposible vivir no medio dunha escavación arqueolóxica!

A verdade é que  tamén descubriron que o chan da sala estaba no parapeto orixinal, é dicir, o teito  da muralla, polo que case mil anos antes camiñaban os gardas facendo as súas rondas. Ninguén estaba preparado para esta noticia. Fifa e Consuelo  leváronnos polos ambientes e permitíronnos sacar fotos, que para ZK 2.0 será unha lembranza bonita e un tesouro inestimable.

 
  menu 87