No piso superior está organizado como un apartamento para catro persoas, incluso no que era a torre, tamén coa parede orixinal, é un dos cuartos. A casa da familia Rosende dende hai algún tempo, converteuse no reducto por excelencia, para pasar alí os días que permanecen en Santiago. Persoas de varios países chegaron a alugar as súas instalacións para garantir que, a finais do Camiño, se tomen un tempo para vivir e respirar un pouco de Compostela na primeira fila. Estas paredes encerran sentimentos doutros tempos. Algunhas persoas poden suxestionarse porque nestes muros cousas terribles aconteceron. Pero non temades, Consuelo, Fifa e Dona Concepción, afirman que ninguén ten xemido por aqueles corredores. Non hai ruídos raros. O que poden contarvos, son experiencias máis recentes sobre os peregrinos que estiveron alí. Experiencias de persoas que teñen narrado as súas vivencias durante a súa viaxe a Compostela e está garantido que esta viaxe vai ser estimulante e inesquecible. Ademáis terán á vosa disposición datos detallados de toda a investigación que aínda continúa, da historia da súa casa. Un lugar acolledor que rezuma pasado e porque non lenda.
Para moitos, as almas en pena existen e existirán mentres haxa sitios colmados de séculos. Sexa verdade ou non, só o medo dalgúnas persoas sensibles, o certo é que a Casa da Muralla é un lugar máxico, encantador, que colmará amplamente as súas expectativas. Consuelo ... cóntasnos outra historia?
Se quere saber máis sobre a Casa da Muralla, pode poñerse en contacto directamente con Fifa Consuelo Rosende Rico a fijucar@hotmail.com o ao tel 981 586 771 ou ao móvil
616 174 021
*Revista ZK 2.0 agradece á familia Rosende Rico pola marabillosa disposición para narrarnos a historia, polo material aportado e permitirnos vivir esa experiencia.