Este santiagués estase a preparar e mellorar as diversas disciplinas que esixen a riqueza tradicional galega: gaita, percusión e danza tradicional desde a infancia. Estudou en diversos centros culturais e de solfexo no Conservatorio de Música de Santiago. Recorreu os lugares máis emblemáticos de Galicia, absorbendo a cultura de cada lugar, a especificidade de cada provincia galega en traxes, danzas e estilos. Dende 1993 traballa como profesor de gaita de fole, percusión e danza tradicional en varias asociacións e centros culturais en diferentes rexións de Galicia. Ademáis de desenvolverse como artesán de instrumentos en Sanín, Obradoiro de percusión en Santiago de Compostela. Está claro que o seu traballo non remata aí.



El formou varios grupos de música tradicional e folk, tocando en moitos festivais e eventos culturais e populares, ten participado en programas de televisión en TVG e Radio Galega. A súa actuación é infaltable no festival anual de música celta de Ortigueira en A Coruña. Participou en certames de gaita como solista e en grupo, recollendo primeiros e segundos premios, ademáis de ser finalista en cinco ocasións do prestixioso “Trofeo Macallán" e xurado do mesmo en tres. Pablo conseguiu o que poucos
, levar música tradicional ao resto de España e no estranxeiro, cunha excelente recepción por parte do público.
Actuacións en Inglaterra, Portugal, Holanda, Alemaña, Xapón, Andorra e Francia no que ven participando en cada Edición do Festival Intercéltico de Lorient, Bretaña. No que foi finalista cinco veces e impartido en tres oportunidades o Masterclass de gaita.