Tamén traballou noutras discografías e co grupo de baile tradicional XIMIELA de Muros, onde é director musical e que a continuación desta nota vos presentarei.
A principios do 2009, Pablo tendo conseguido unha forte base na súa carreira, decántase por buscar novos sons. Agora pensa en grandes concertos con grandes escenarios, polo que decide incorporar novos músicos. Xorde Pablo Seoane Grupo, cun novo concepto de música galega, onde impera a combinación de ritmos, mesturando os sons tradicionais cos actuais. Imos ver en acción a gaita de fole cos instrumentos habituais interactuando con trompeta e baixo acústico. O resultado aínda se está a traballar, refinando, pero ... En definitiva esperanzador! Os músicos que compoñen o grupo son moi profesionais e cunha gran carreira: a gaita de fole: Pablo Seoane. Diego Rosende Barona e Manuel Del Rey Seijas: percusión. Manuel Abraldes Mougán: baixo acústico. José López Fernández (Josele): Saxofón e clarinete. Gutier Álvarez Vázquez (Guti): zanfona e violín. Javier Sesto Alende: acordeón. Fernando Rey Mayo: trompeta. Sergio Gonzalez Taboada clasico: técnico de son.
A seguinte cousa que esperamos é ver en acción a Pablo Seoane Grupo, cas súas novidades e porque non, co que sempre fixo ... a música desta terra. Por que hai lugar para todo, o de hoxe e o de onte. Cando se trata de sentir Galicia...unha muiñeira ou unha xota galega son esenciais. Pero tamén Galicia en mestura do antigo e novo. Pablo Seoane Grupo o demostran. O mellor éxito para vos!
Abaixo están anexados os enlaces para aWeb oficial de Pablo Seoane, para que poidades aprender máis sobre o seu traballo. Ademáis, algúns vídeos en Youtube das súas actuacións.
http://www.pabloseoane.com/
http://www.youtube.com/watch?v=WxPO92UEfWI&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=AWVar5FBdGo&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=YLv7KTOuC9A&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=P4IM94FYdpk&feature=related
*Revista ZK 2,0 agradece a gran contribución do material e a magnífica disposición de Pablo Seoane para a realización deste artigo.
Moitos éxitos para ti e o grupo!