A cantidade de datos xenerada será inmensa, co que o seu tratamento requerirá unha potencia de cálculo moito maior do que se pode atopar no propio emplazamento de Xinebra. Así pois, precísase colaboración de outros puntos de forma que as máquinas de calquera lugar estean disponibles para ser usadas polos científicos independientemente de onde estean.
Así pois, a GRID consiste esencialmente dunha red internacional de ordenadores interconectados para realizar traballos asociados ao experimento. Para os físicos, esta rede será como un único “superordenador” ao que entregarán as tareas para ser realizados en calquera punto do planeta que estea disponible. As vantaxes deste tipo de sistema son obvias noutras aplicacións. O obxectivo a acadar para o equipo da USC é a incorporación do CESGA (Centro de Supercomputacíon de Galicia) á GRID de forma que as súas máquinas estean disponibles para todo o mundo.
- Instalación do “Silicon Tracker” e preparación da súa electrónica. É un dos sistemas máis importantes e avanzados para a detección de partículas no LHCb. Ten como misión axudar a reconstruir a traxectoria das partículas gracias aos choques destas co propio detector. O Silicon Tracker está composto basicamente por chips de Silicio que, siguiendo os principios da física de semiconductores, son capaces de determinar con moita exactitud por onde pasou esa partícula.
Estos chips producen señales que logo deben ser dixitalizados e enviados ao ordenador correcto, para a súa análise en tiempos extraordinariamente pequenos. Hai que ter en conta que estos choques son a sinal de identidade das partículas, o único modo que temos de saber que están ahí e como se comportan. Así pois, o correcto funcionamento e coordinación de cada subdetector é fundamental para que o experimento funcione. Esto convierte pois o Silicon Tracker nun tema especialmente delicado.
- Análise e preparación da física do experimento. Una vez os datos son recibidos e unha parte é filtrada se procede á súa análise. Hai que ter en conta que o que se recibe non é para nada unha sinal limpa. A física experimental actual dista bastante de tomar unha simple medida, requírese unha análise profundo e intenso dos datos. Hai que saber como discriminar o que estamos buscando doutras cousas parecidas. Hai que saber como variará o que estamos observando en función de que modelo teórico esteamos considerando. A todo esto é ao que se dedican os grupos da física, nos que tamén participa activamente a USC.
Cada grupo céntrase nun tipo de reacción de interés e, mediante a utilización de datos simulados (simulacións de Monte Carlo), intenta extraer dos datos que ofrecerá o detector a información concreta. Pódese ademais prever que ocorrerá para cada modelo teórico existente proporcionado polas simulacións.