Como se dixo na introducción, LHCb é un dos catro grandes detectores desta xigantesca máquina. Nel as colisiones son estudiadas coun especial obxectivo: entender por que a metade do que foi creado inmediatamente despois do Big Bang –a antimateria– desapareceu.
Da enorme cantidade de partículas e antipartículas que se producen nas colisións protón-protón neste detector (exactamente na zona da figura chamada Velo), interesa estudiar aquelas colisións que den lugar a mesóns nos que o quark b ou o antiquark b estea presente. Non vamos a entrar aquí porque teñen tanto interés este tipo de mesóns, baste dicir que son os máis axeitados para comprobar se un e outros se comportan de maneira lixeiramente diferentes: Así estaremos comezando a entender por que se rompeu a simetría materia-antimaria que explica o universo actual. Obviamente a letra “b” do detector responde a que o seu deseño fíxose para analizar os procesos no que están implicadas partículas formadas por quarks b o antiquarks b.

FIGURA 3.- Esquema do detector LHCb. Os protóns entran pola dereita e pola esquerda.
A colaboración LHCb agrupa a 600 científicos procedentes de 47 universidades e laboratorios de investigación, de 14 países de Europa, Asia e América. A Universidade de Santiago, xunto coa Autónoma de Barcelona forman parte deste experimento. A súa responsabilidade nel é diversa e o equipo está composto por físicos de [partículas] titulares da Universidade, físicos electrónicos e inxenieiros contratados e estudantes de doctorado, como o que firma este traballo.
A tarea da USC
[6]
no experimento exténdese a diversos campos, que tocan tanto aspectos máis técnicos coma outros máis puramente físicos. Brevemente, podemos describir as áreas de traballo en:- Adaptación e mantemento do CESGA na GRID do CERN. A GRID é un dos proxectos máis ambiciosos asociados ao LHC do CERN e un dos grandes beneficios indirectos que aportará á sociedade o experimento.