anterior
siguiente
Gastronomía
por ZeltiaG
Galicia, entre cociña ancestral e festas
 
 

*Pulpo

*Mariscos

*Quesos

Pero non vos torturarei máis coas viandas locais. Coméntovos que existen para todos os gustos e para pasar un día coa familia ou cos amigos, apreciando unha boa música, tradición e saborear as delicias do día.
 
Os meses de xuño, xullo e agosto son os festivos máis importantes, ademáis da especialidade local, pode gozar de eventos culturais.

Como afirmei anteriormente, cada ano ... sexa santo ou non,  Galicia recibe aos visitantes e para iso ao longo do ano ten unha gran variedade de eventos nos que participar. Algúns son con entrada gratuíta.

Concertos ao aire libre, artistas locais e estranxeiros. Eventos con representacións de época, tales como o Desembarco Vikingo (ou Festival Vikingo) en Catoira, Pontevedra. Cada ano, o primeiro domingo de agosto, unha festa divertida con moitos "vikingos" galegos vestidos como piratas antigos nórdicos nos remontan ao século XI. Unha posta en escea coidando o máis ínfimo detalle.

Subindo o río Ulla, veñen varios barcos, réplicas dos orixinais drakkars vikingos cara ás costas, o seu obxectivo: chegar a Compostela. No litoral, como aconteceu entón, os cristiáns esperan ... O enfrontamento é inevitable. Pero esta vez é para finalizar cunha festa! Xantar, bandas de gaitas, danza ... un mercado medieval no medio do pobo onde o visitante ... sentirase introducido no pasado. En definitiva: imperdible!

 
  menu 120