anterior
siguiente
Gastronomía
por Eloy Fariña Táboas
Gastronomía galega... manxar dos Reis
 
 

ELABORACION

Cortar en juliana fina a cebola, o allo e o pemento. Refogalo todo xunto en aceite a lume lento e cando esté ben sudado, engadir o pimentón doce e o bacallao desmigado, darlle unhas voltas a todo xunto no lume e engadimos as pasas. Reservamos mentres facemos a masa.

Para elaborar a masa facemos un volcán coa fariña, e no centro botamos a manteiga en pomada, os ovos sen bater e a auga temperada na que previamente teremos disolto o fermento e o sal. Posteriormente amasaremos ata conseguir unha masa homoxénea, que se desapegue das mans e da mesa de traballo sen dificultade. Entón deixaremos a masa fermentar nun sitio temperado cuberto cun pano limpo, ata que doble o seu volume, entre 45 e 60 minutos.

Pasado este tempo, espolvorearemos a mesa cun pouco de fariña e estiramos a metade da masa cun rodete, colocámola sobre a placa de forno e cubriremos co recheo. Por último, estiramos o resto da masa, cubrimos a empanada selando os bordos enrolando a masa e pintaremos con ovo batido. Antes de metela no forno, onde cocerá por espacio de 45 minutos a 180 graos, faremos dous ou tres buratiños na superficie para que saia o vapor da cocción e non inche a masa.

JARRETE GUISADO

INGREDIENTES PARA CATRO PERSOAS

1 kg de jarrete ou morcillo de ternera
2 decilitros de aceite
2 dentes de allo
1 cebola
300 g de cenorias
300 g de cebolletas ou chalotas
  4 tomates
1 copa de Cognac o Brandy
1 litro de fondo branco, tamén vale caldo de carne
500 g de patacas
Fariña
 
  menu 125