anterior
siguiente
Gastronomía
por Eloy Fariña Táboas
Gastronomía galega... manxar dos Reis
 
 

ELABORACION

Para facela pasta quebrada, xúntanse todos os ingredientes e se amasan ata conseguir unha masa homoxénea. Unha vez feita, deixala reposar na neveira durante media hora. Pasado este tempo procederemos a estirala e forrar un molde por dentro con ela.

Para o recheo poremos a almendra, o azucre e a raiadura do limón nun recipiente fondo. Seguidamente, botaremos os ovos un a un sen deixar de remover coas varillas e removeremos ata que do composto saian burbullas. Entonces engadiremos a manteiga fría e en anacos pequenos. Unha vez mesturado todo, botar a preparación dentro do molde e cocer a180 graos por espacio de 40 ou 45 minutos.

Unha vez fría, desmoldar y espolvorear de azucre glass.


Estas receitas estiveron a cargo do Cociñeiro Enmascarado, un individuo do que, a ciencia certa, pouco se sabe. O equipo de investigación deesta revista, despois dunha ardua búsqueda, logrou averiguar que é unha especie de vagabundo intelectual, de mediana idade que para sobrevivir e facer as cousas que realmente lle apetece facer... como cociñar, viaxar, ler, ir a concertos de música de todo tipo e rañar a barriga a catro mans, non dubida en arriscarse a desempeñar as máis variopintas actividades a pesar de non ter ningunha aptitude recoñecida para desempeñalas. Tamén, averiguamos que procede dunha antiga estirpe de panadeiros, pasteleiros y carniceiros, o que o levou dende moi pequeno a familiarizarse cos segredos do obrador e do despiece. Que a fama dos seus fogóns traspasou hai tempo as fronteiras dos seus coñecidos para convertirse en lenda.

Despois de negociacións, mil tira e afrouxa... sen conto, logramos que a cambio dunha remuneración que excede con moito o noso presuposto, enviara estas catro receitiñas que nos arruinaron. Pero aínda así, cremos que paga a pena. Agora intentaremos que non cobre. A ver se logramos sacarlle algunha máis antes de que nos volva a dar esquinazo e desapareza en algún lugar deses aos que so os individuos coma el teñen acceso. De momento, disfrutemos destes sinxelos e amenos momentos e longa vida a Pantagruél.

A dirección e o comité de  redacción


***ZK 2.0 agradece a excelente disposición e bo humor... ao Cociñeiro Enmascarado, que damos fe, é un galego de pura cepa.

 
  menu 128