AS PARTÍCULAS ELEMENTAIS
No significado exacto do término, partículas elementais queren dicir "primarias", é dicir, os constituíntes máis simples indivisibles que forman a materia. O desenrolo da investigación neste campo foi cambiando a calificación das partículas según se iban descubrindo outras novas. Adquire especial significación a definición que dá Murray Gell-Mann que é un dos fundadores da teoría dos quarks, dos que falaremos a continuación:
"Non será elemental a partícula das que as súas propiedades poden, en principio, calcularse como se de composta se tratase".
Así, para un médico, inxenieiro o farmacéutico dos átomos “sirven” como partículas elementais. Para un químico, o átomo ya non é elemental e precisa núcleo e electróns para comprender o comportamento da materia. Para o físico nuclear, o núcleo está formado por protóns y neutróns, mentras que para o físico de partículas o elemental son, como veremos, os quarks e os leptóns.
Cos avances científicos e tecnolóxicos, novos xeradores de partículas (aceleradores de partículas), cada vez máis potentes), decenas de novas partículas foron aparecendo: neutrinos. muóns, piones, kaones, etc. A ecuación de Dirac non deixa de funcionar, pois para cada unha delas existe o seu correspondente antipartícula, que tamén aparecían nas novas máquinas.
Para simbolizar ás antipartículas simplemente ponse un guión enriba do símbolo das partículas (a excepción do antielectrón o positrón que se simboliza: e+). Por exemplo:

Na década dos sesenta do siglo pasado se simplificou o complexo cadro de tantas partículas e antipartículas ca aparición do modelo quark-leptón. De forma resumida podemos coa seguinte táboa expresar como se considera actualmente toda a materia (e antimateria) do universo:
