anterior
siguiente
Ciencia e Tecnoloxía
por Ramón Cid Manzano
O misterio da antimateria
 
 

Por tanto se queremos representar adecuadamente como é un protón e un antiprotón debemos facelo a través dos quarks (o antiquarks) que os forman da seguinte maneira:

E que pasa coas familias segunda e terceira? Os leptóns da segunda familia aparecen de forma natural nas violentas colisións que na alta atmosfera ocorren continuamente pola chegada da llamada radiación cósmica [5]. O resto dos quarks y leptóns aparecen artificialmente nas colisións provocadas nos aceleradores de partículas, dos que o LHC (do que falaremos máis tarde) é o seu máximo exponente actual. Naturalmente, nas etapas máis xoves do universo, as tres familias estaban presentes. Ocorre, como unha ley inexorable da natureza, que ésta tende á simplicidade, así que se unha partícula pode convertirse noutra máis simple o proceso ocorrerá. Por eso agora é a familia I a que de forma practicamente total é a que forma a materia coñecida.

De inmediato hai que dicir, que en realidade a materia coñecida é unha parte moi pequena de todo o que forma o universo. Pero o outro, que é maioritario, é descoñecido para a Física actual, e con pouca imaxinación se lle chamou “materia escura” e “enerxía escura”. Pero falar desto, excede do propósito deste traballo.

Por tanto, e  non o tome a mal amable lector ou lectora, vostede pode ser explicado solo por tres tipos de partículas: quarks u, quarks d e electróns. É todo. Eso si, hai que recoñecer que uns teñen esas partículas mellor colocadas que outros.

Agora é tempo de falar do CERN e o LHC.

O CERN E O LHC

The European Organization for Nuclear Research (orixinalmente: Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire), comunmente coñecido como CERN, é o máis grande laboratorio de Física de Partículas do mundo, e está situado en Xinebra na fronteira entre Francia e Suiza.

O acordo que estableceu o nacemento do CERN foi firmado o 29 Setembro de 1954. Os 12 estados membros foron Bélxica, Dinamarca, Francia, Alemania, Grecia, Italia, Holanda, Noruega, Suecia, Suiza, Reino Unido e Yugoslavia. Dende entón Yugoslavia desapareceu e Austria, España, Portugal, Finlandia, Polonia, Hungría, Eslovaquia, República Checa e Bulgaria foron ingresando, elevando o número de países até os 20 actuais. España realmente deixou o CERN en 1969 ingresando de novo en1983, sendo agora o quinto país en términos de contribución económica.

 
  menu 134